
O director de Comunicando Consultoría de Comunicación, Jorge Isla, na presentación do acto de inauguración da mostra.
Comunicando Consultoría de Comunicación culminou onte o seu labor como coordinadora dun programa de colaboración entre o Instituto de Estudios Valdeorreses e a Axencia de Turismo de Galicia. O último evento, a inauguración da exposición «O Volframio, entre a traxedia e o romanticismo», levábase a cabo este martes na sala de exposicións ABANCA, no Barco de Valdeorras. Comunicando organizou, presentou e coordinou o evento, ao que asistiron autoridades locais e provinciais.

Autoridades asistentes ao acto de inauguración. De esquerda a dereita: Margarida Pizcueta, Aurelio Blanco, Julio Pérez, Ricardo Martín, e Cecilio Santalices.
A posta en marcha da exposición, que poderá visitarse ata o vindeiro día 1 de abril, veu a pechar as actividades e eventos que vimos desenvolvendo e coordinando desde o pasado día 8 de agosto de 2025, cando o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, presentou un proxecto formado por diversas iniciativas, que teñen como obxectivo revalorizar o patrimonio da comarca de Valdeorras.
Ademais da exposición, Comunicando organizou o XII Concurso de Fotografía Manuel Blanco Pascual, do cual se fixo a entrega de premios no Centro Cultural Avenida da Rúa o pasado 27 de novembro, e a inauguración dunha exposición de fotografía composta polas obras premiadas e unha selección das mellores participantes.

Premiados no II Concurso de Espantallos do Instituto de Estudios Valdeorreses.
O pasado 15 de novembro, organizamos e presentamos o Acto de Irmandamento co Instituto de Estudios Bercianos nun acto en Carracedelo, El Bierzo, que complementouse con outro acto celebrado na Casa Grande de Viloira no mes de decembro. Tamén participou Comunicando, na recuperación da Semana da Historia do IEV, tras case vinte anos sen celebrarse, levouse a cabo no mes de novembro do 2025, con catro xornadas de actividades e unha mesa redonda.

Acto de clausura da XIII Semana da Historia de Valdeorras. De dereita á esquerda: Aurentino Alonso, Xosé Manuel Merelles e Aurelio Blanco.
Ademais, a nosa consultoría de comunicación tamén coordinou o II Concurso de Espantallos, que tivo gran participación, e o acto de entrega de premios e inauguración da exposición con todas as figuras participantes, tamén na Casa Grande de Viloira.



