Comunicando Consultoría de Comunicación ofrece diferentes servizos aos seus clientes, entre os que destacan acomunicación corporativa e a estratexia dixital, un combo que se desenvolve partindo da pelexa diaria por dar visibilidade a estes clientes nos principais medios de comunicación, tanto xeneralistas como especializados, chegando a públicos objectivo marcados como prioritarios cando se dirime o planteamento inicial.
Neste artículo queremos mostrar un pequeno resumo, baseado en novas publicadas por diferentes medios de comunicación sobre algúns dos nosos clientes, nos que se observan diferentes estratexias comunicativas, e nos que se amosa a continua relación e negociación cos medios, para lograr esa visibilidade.
O presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, tamén presidente da Asociación de Pizarristas de Castilla y León (Apical), Eliseo López, foi entrevistado no programa La Tertulia de La 8 Bierzo coa participación do Diario de León na que pediu un plan especial para a lousa e falou dun sector que xenera postos de traballo e fixa poboación nas zonas rurais.











