O número do mes de marzo de 2026 da revista trimestral Axenda Agraria, xa está dispoñible para a súa lectura online e tamén impresa. A publicación da Asociación Agraria de Galicia, ASAGA foi deseñada, maquetada e producida (en papel e na versión dixital) pola consultoría de comunicación Comunicando.
O lector poderá atopar artigos, entrevistas e reportaxes de gran interese, coma a análise das novidades da PAC 2026, un artigo de fondo sobre o acordo UE-MERCOSUR ou as entrevistas co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, e coa directora xeral de Planificación e ordenación Forestal, Luisa Piñeiro.
Máis abaixo podedes ver o sumario da publicación.




