O ciclo de seminarios online A comunicación corporativa: Comunicar con estratexia, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) foi todo un éxito de participación. Durante tres días, 11, 13 e 17 de novembro, expertos da talla de Bárbara G. Vilariño, Xosé Luis Reza e María Isabel Míguez González, falaron de estratexias de comunicación dixital, comunicación corporativa ou deseño dun plan de comunicación, un programa que se complementou cunha xornada presencial o pasado 20 de novembro.

A primeira formación impartida por Bárbara G. Vilariño o día 11 de novembro, Estratexias de comunicación dixital, foi presentada polo director de Comunicando Consultoría de Comunicación, Jorge Isla, quen tamén é membro do Pleno Territoral do Colexio de Xornalistas.

Toda a información e seminarios impartidos, na páxina web do Colexio de Xornalistas, premendo aquí.