Comunicando Consultoría de Comunicación ofrece diferentes servizos aos seus clientes, entre os que destacan acomunicación corporativa e a estratexia dixital, un combo que se desenvolve partindo da pelexa diaria por dar visibilidade a estes clientes nos principais medios de comunicación, tanto xeneralistas como especializados, chegando a públicos objectivo marcados como prioritarios cando se dirime o planteamento inicial.

Neste artículo queremos mostrar un pequeno resumo, baseado en novas publicadas por diferentes medios de comunicación sobre algúns dos nosos clientes, nos que se observan diferentes estratexias comunicativas, e nos que se amosa a continua relación e negociación cos medios, para lograr esa visibilidade.

O presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, tamén presidente da Asociación de Pizarristas de Castilla y León (Apical), Eliseo López, foi entrevistado no programa La Tertulia de La 8 Bierzo coa participación do Diario de León na que pediu un plan especial para a lousa e  falou dun sector que xenera postos de traballo e fixa poboación nas zonas rurais.

As reportaxes publicadas nos medios xeneralistas son grandes aliadas para dar a coñecer o traballo que realiza a Denominación de Orixe Valdeorras e que chegue a máis xente. Este que publica La Región no suplemento La Revista, fai un percorrido pola historia da D.O. e da recuperación do Godello, do proxecto REVIVAL, dos viños tintos, dos proxectos de grandes viticultores que apostaron por esta terra, e dos «viños que marcaron hitos» na comarca.
Ter presenza nos medios especializados tamén é crucial para chegar a públicos objectivo expertos nun sector concreto, como neste caso ocurre con Spedion, cuxa directora executiva en España, Beatriz García, é entrevistada no medio www.camionactualidad.com, como un referente no ámbito feminino dentro do mundo do transporte.
Ademais das reportaxes e entrevistas, tamén estamos pendentes da actualidade diaria dos nosos clientes. Cando se produce a noticia, o noso gabinete de comunicación redacta e remite convocatorias e notas de prensa aos diferentes medios de comunicación, facilitándolles os datos esenciais da nova e as fotografías cando os propios medios non poden acudir a cubrila. Nesta publicación en redes sociales da Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, pódense ver diferentes impactos dunha mesma nova en diversos medios de comunicación xeneralistas e especializados.
En ocasións, preséntanse oportunidades de facer eco en medios xeneralistas nacionais, como ocorre neste caso con Antena 3 e a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia. Na reportaxe: “El rural se convierte en cortafuegos: Tener vida en el monte es la mejor prevención contra los incendios”, resáltase o valor do traballo colectivo que é crucial para o futuro do medio rural, un traballo que levan a cabo estes Grupos.
Os eventos que coordinamos cos nosos clientes, son moi importantes á hora de xenerar visibilidade nos medios de comunicación. E cando o evento traspasa fronteiras, a mencionada visibilidade debe ser nos medios das dúas provincias. O impacto así, duplícase, igual ca repercusión e o coñecemento da poboación en xeral. Así pode verse no acto de Hermanamiento celebrado en el antiguo poblado minero de La Piela, entre los Institutos de Estudios Berciano y Valdeorrés, o pasado 28 de febreiro. Os medios xeneralistas valdeorreses e do resto da provincia de Ourense fixéronse eco da nova, como tamén o fixeron os medios bercianos e leoneses. No exemplo, a nova publicada polo diario La Nueva Crónica.
O ano pasado, vimos con orgullo como o arduo traballo para conseguir para os Entroidos do Oriente Ourensano a súa calificación de Festa de Interés Turístico Nacional, daba os seus froitos. Pero o estreito traballo de colaboración que Comunicando realizou durante máis de doce meses coa Axencia de Turismo de Galicia e cos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e Manzaneda, non fixera máis que empezar.
Este ano, a promoción das tres celebracións realizouse como unha soa, escenificando unha unión que contribuiu a crear unha imaxe máis potente de cada un deles. O diario La Voz de Galicia, como outros moitos, publicaron a nova da súa presentación en FITUR, un evento no que tiñan que estar presentes.
No caso da Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas de Galicia e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, ACRUAGA, a visibilidade en medios xeneralistas, das súas accións nos extranxeiro, é crucial para que o público obxectivo coñeza a súa labor de promoción dos produtos galegos. Nosa axencia realiza ese traballo, tratando cos medios de comunicación e facilitándolles toda a información necesaria para que as noticias xeneradas teñan espazo nos medios, como é o caso de La Voz de Galicia.