Comunicando Consultoría de Comunicación estivo presente en Fitur 2026. Durante os tres días que durou esta espectacular feira, a nosa axencia encargouse da comunicación dos eventos relacionados cos territorios da Asociación dos Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia e tamén da relativa á presentación dos Entroidos do Oriente Ourensán (Entroido de Manzaneda, Entroido de Viana do Bolo e Entroido de Vilariño de Conso) e o seu recente recoñecemento como Festas de Interese Turístico Nacional.

Ademais, despois de ter o privilexio de ser a axencia elexida polo INORDE para a reedición da Guía do Xeodestino Trevinca-Valdeorras, nos idiomas inglés e galego, Comunicando tamén ocupouse da súa difusión na propia feira, como xa o fixera en 2025 en idioma castelán.

En canto ao protagonismo dos territorios da Asociación de GDR de Galicia, tiveron un gran protagonismo no stand de Galicia, onde se realizaron todas as presentacións de cada un deles durante dous días. Comunicando estivo ao frente da comunicación de cada evento, recollido ao minuto en redes sociais a través de documentos gráficos de elaboración propia.

Do mesmo xeito, tamén realizamos un traballo de transmisión de información en tempo real, da presentación dos Entroidos do Oriente Ourensán, como culmen a un longo traballo de investigación, documentación e creación de contido, que conseguiu o obxectivo final de Declaración dos Entroidos de Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, como Festas de Interese Turístico Nacional.