O Clúster da Pizarra de Galicia celebrou fai unha semana, o pasado venres 24 de outubro, a Xornada Técnica sobre seguridade e saúde no sector da pizarra. Máis de 50 persoas, reunidas na sede do Centro Tecnolóxico da Pizarra, en Sobradelo de Valdeorras, asistiron aos relatorios que realizaron expertos en materia de prevención de riscos laborais e hixiene industrial. Todo un éxito de participación froito dunha coordinada organización realizada por Comunicando, previa á celebración do evento.
Tanto a elección da línea gráfica, diseño de invitacións, programa, cartelería, etc., como a labor de coordinación e protocolo de autoridades, organización do evento, distribución de intervencións, presentación do acto, e relación cos medios de comunicación, foron labores realizadas pola nosa consultoría, ao que se suma tamén o traballo de comunicación na web corporativa do Clúster e nas súas redes sociais.
A xornada técnica rematou cun debate cos expertos relatores como protagonistas conducido polo noso director, Jorge Isla, no que os asistentes plantexaron dúbidas prácticas aos expertos ás que fan fronte habitualmente no seu día a día.

A presentación do acto foi realizada polo director de Comunicando, Jorge Isla.



