
Salón de Grados cheo para asistir á xornada técnica «A pizarra na construción».
O Salón de Grados da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña encheuse esta mañá de profesores e alumnos dos dous últimos cursos da titulación académica, para acoller a xornada técnica: “A pizarra galega na construción”, organizada polo Clúster da Pizarra de Galicia en colaboración con este centro formativo. Aberta ao público, pero dirixida especialmente aos futuros arquitectos, a xornada contou coa intervención de Darío López Fernández, presidente do Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Ourense; Santiago López Piñeiro, arquitecto técnico experto en pizarra; Juan Luis Pérez Ordóñez, director da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña; e Severino González, xerente do Clúster da Pizarra de Galicia.
Esta xornada continúa a labor de promoción do Clúster da Pizarra de Galicia, trala inauguración da exposición «Mostrando a pizarra» o pasado 23 de setembro, en dependencias da Escola Universitaria. Dous accións que se completarán no vindeiro mes de outubro cunha visita de alumnos e profesores da EUAT ao sector da pizarra.
Estos tres eventos – exposición, xornada técnica e visita – que se repetirán en colaboración coa Escola Técnica Superior de Arquitectura (ETSAC) – con data aínda por determinar -, pertencen a un proxecto de promoción coordinado por Comunicando Consultoría de Comunicación. Entre as accións de dito proxecto, contémplase ademais o deseño dunha nova imaxe de marca, a elaboración dunha axenda escolar, as colaboracións en publicacións e eventos do Colexio Oficial de Arquitectos e Arquitectos Técnicos, e a planificación da campaña publicitaria en medios especializados autonómicos (en papel, radio, televisión e dixital).

O director da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica, Juan Luis Pérez Ordóñez, e varios profesores do centro, acompañados por Severino González, xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, visitan a mostra.



