
De esquerda a dereita: Amable Fernández, Xosé Manuel Merelles, Melisa Macía e Germán García-Ávila.
Os alcaldes de Manzaneda, Vilariño de Conso e Viana do Bolo, Amable Fernández, Melisa Macía e Germán García-Ávila, respectivamente, recolleron onte en Madrid o diploma que os acredita como Festa de Interese Turístico Nacional. Acompañados polo director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, foron recibidos polo ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu; e a secretaria de Estado de Turismo, Rosario Sánchez.
Na consultoría Comunicando non podemos estar máis orgullosos de ver cómo o traballo de posta en valor dos tres Entroidos tivo os seus froitos e finalmente conseguiron esta distinción tan buscada e merecida.
Desde a procura de información, pasando polos procesos de xustificación e búsqueda de apoios, ata a posta en marcha de ferramentas que dan visibilidade a cada un dos festexos coas súas singularidades – como son as webs e redes sociais de cada un dos Entroidos -, todo o proceso pagou a pena, concluíndo nunha gratificante concesión que abrirá un horizonte novo aos tres concellos do oriente ourensán.
Diferentes medios de comunicación recollen hoxe a nova. Algúns deles:

Os alcaldes do oriente ourensán acompañados por Jordi Hereu e Rosario Sánchez.



