Despois do éxito colleitado na promoción conxunta dos viños, licores e augardentes galegos nos salóns organizados en Londres, Reino Unido, en novembro do 2024; e Copenhague, Dinamarca, en xuño do 2025; en Comunicando non podemos estar máis satisfeitos do traballo realizado.

Membros dos seis consellos reguladores galegos posan acompañados polo director de Comunicando, Jorge Isla.

A capital danesa foi a última en acoller a proposta dos seis consellos reguladores que conforman ACRUAGA, levada a cabo grazas ao respaldo da Xunta, a través do IGAPE, e á colaboración coa Unión Española de Catadores (UEC). Comunicando coordinou o transporte do produto e dos representantes de cada un dos membros de ACRUAGA, ademais da posta en escena, a organización do stand e a comunicación, o que inclúe a xestión do protocolo de autoridades, invitacións, notas de prensa e relación cos medios de comunicación que se fixeron eco da nova.

Máis de 80 profesionais acudiron a degustar as propostas do I Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Dinamarca.

O restaurante TRIO de Ámsterdam, situado nas Axel Towers, acolleu aos máis de 80 profesionais que acudiron a degustar as propostas deste primer Salón dos Viños e Augardentes de Galicia en Dinamarca. Os sumilleres, distribuidores e xornalistas especializados que participaron no evento puideron degustar un total de 150 referencias de todas as denominacións de orixe da comunidade autónoma (Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras), así como 25 referencias de empresas comercializadoras de destilados amparadas polas Indicacións Xeográficas de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia.

Edificio Axel Towers, onde se ubica o restaurante TRIO de Copenhague.

Gracias ao traballo de comunicación corporativa, ACRUAGA recibiu nesta cita o apoio institucional da Embaixada de España en Dinamarca a través do propio embaixador, Salvador Rueda Rabanal, e de outros membros do organismo diplomático como Ignacio Jiménez, Conselleiro de Turismo, e Antonio Solesio, Conselleiro de Emprego. Tamén visitou o Salón Cristina Pérez Bermejo, responsable do Departamento de Produtos Agroalimentarios da oficina comercial do ICEX en Dinamarca.

Responsables dos seis consellos reguladores que conforman ACRUAGA, ademais de membros da Embaixada de España en Dinamarca.