A coordinación do proxecto estivo en mans da consultoría de comunicación Comunicando, que se apoiou en deseñadores locais como Verónica Vieira, nas áreas máis artísticas. 

O director de Comunicando, Jorge Isla, presentando a nova páxina web de Turismo de Terras do Bolo.

O Concello do Bolo continúa coa súa aposta polo turismo, coa presentación hoxe da súa nova imaxe de marca e a súa nova páxina web, elementos que forman parte do Plan de Márketing e Promoción, posto en marcha o ano pasado e que son componentes de un proyecto global que también incluye otras dos líneas de trabajo diferenciadas:

  • O Plan de Vivenda e Chan do Concello, que se presentou no Castelo do Bolo o 27 de decembro do 2024, calificado como “iniciativa pioneira na comunidade galega” polo arquitecto que o levou a cabo, Luis Álvarez, que afirmou que “en Galicia é un dos primeiros planes que se fan deste tipo”. A finalidade do Concello, coa súa posta en marcha, foi “recoller as necesidades de vivenda”, analizando “o estado das vivendas actuáis”, e marcar “unhas liñas de traballo” para os vindeiros cinco anos.
  • O Plan de Márketing e Promoción, posto en marcha o ano pasado, a través do que se fixeron campañas de márketing e promoción turística do Bolo en medios locais e especializados, tanto en dixital como en papel.

A coordinación do traballo estivo en mans da consultoría de comunicación Comunicando, que se apoiou en diseñadores locais como Verónica Vieira, nas áreas máis artísticas do proxecto. Ela, que estivo presente no acto para presentar a nova imaxe de marca, salientou o feito de que O Bolo «aposte por facer as cousas con xente local, como é ela, e sobre todo porque sendo un concello tan pequeno, aposte pola calidade e polo deseño que non é algo habitual”.

 

A diseñadora Verónica Vieira, realiza a presentación de imaxe de marca.

Pola súa banda, Jorge Isla, director de Comunicando, presentou a nova web   www.turismoterrasdobolo.gal da que explicou que se puxo en marcha porque “o turismo do Bolo cada día está cobrando unha importancia maior, polo que era imprescindible que tivese un espazo independente, destacado e dun diseño actual”.