Hai case dúas semanas, o pasado día 9 de abril, fixo 25 anos da celebración da Asemblea Constituínte do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, na que se aprobaron os Estatutos e se elexiu a primeira Xunta de Goberno, presidida por Xosé María García Palmeiro. Nacía así o órgano de representacion da profesión xornalística en Galicia, do que Comunicando forma parte a través do noso director, Jorge Isla que, desde hai cinco anos, é un dos dous representantes pola provincia de Ourense, no pleno territorial do Colexio. 

Para celebrar a efeméride, o Colexio ven lembrando ao longo deste 2025, fitos acadados pola organización, coa identificación do hashtag #25anosdoCPXG: Rede social X do Colexio de Xornalistas de Galicia.

Tedes máis información na seguinte ligazón: O Colexio de Xornalistas fai 25 anos en defensa dos e das xornalistas galegas