
Comunicando sacou á rúa un novo número da revista trimestral Axenda Agraria, da Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, o segundo desde a presentación do novo restyling o pasado mes de outubro. Unha vez máis, a axencia diseñou, maquetou e produciu a revista en formato papel e online.

Nesta ocasión, na portada destacamos os temas principais da actualidade agrícola e gandeira, como o rexeitamento masivo que se escenificou en Madrid ante o acordo entre a Unión Europea e Mercosur, do que tamén fala Francisco Bello, presidente de ASAGA, no editorial da revista. Outros temas destacados son a participación de ASAGA nunha xornada en Bruselas para falar da protección do lobo e do seu impacto, ou a entrevista á directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana sobre o traballo que desenrola na actualidade neste campo.
Na seguinte ligazón podes ver o último número de Decembro 2024 e anteriores, da publicación oficial de ASAGA: Revista Axenda Agraria



