
A través da grabación de vídeos explicativos, Comunicando traballou con Spedion España para lograr transmitir os beneficios dunha das súas novas ferramentas para un control máis definido das rutas e o gasto nos servizos de transporte por carreteira.
Este servizo estrela de Spedion da a empresas e conductores a posibilidade de utilizar unha funcionalidade de descarga remota automatizada do tacógrafo dixital, aforrando desta forma, o traballo manual que esto supón. Esta nova ferramenta tamén permite unha mellor supervisión dos tempos, o que se traduce nunha optimización das xornadas de traballo.
Dous expertos de Spedion España, como son David Herrero, xestor de proxectos, e José Luís Martínez, técnico de soporte, explican as ventaxas e utilidades desta nova ferramenta nos dous vídeos que a empresa lanzou a través do seu canal de YouTube.
David Herrero, Xestor de Proxectos de Spedion España.
Jose Luis Martínez, Técnico de Soporte de Spedion España.



