O I Salón dos Viños e Augardentes Galegos en Reino Unido foi o primeiro evento internacional que Comunicando Consultoría de Comunicación tivo a sorte de coorganizar. No prestixioso Club 67 Pall Mall de Londres, a Asociación de Consellos Reguladores Vitivinícolas Galegos e das Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA), presentou 150 referencias a máis de 100 profesionais do sector.
Xornalistas especializados, propietarios de vinotecas e tendas gourmet e sommeliers ingleses descubriron algúns dos mellores viños e licores dos 6 consellos reguladores galegos. Na organización deste evento contamos co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, e o coñecemento do mercado británico da Unión Española de Catadores.