Comunicando Consultoría de Comunicación dirixe e coordina a nova campaña de promoción que o Clúster da Pizarra de Galicia presentou este martes 24 de setembro. O obxectivo desta estratexia é transmitir aos seus principais prescriptores e ao público final as cualidades excepcionais deste material natural: durabilidade, estética, sostenibilidade medioambiental, aislamento térmico e acústico, resistencia á flexión e impermeabilidade.
O mencionado plan de promoción, que implementarase nos vindeiros meses, inclúe actividades como a organización de charlas técnicas nalgunhas das mais importantes Escolas de Arquitectura e Arquitectura Técnica, a convocatoria de visitas ao sector para profesores e alumnos de arquitectura e enxeñería, a execución dun plan de medios en prensa, radio, televisión, revistas especializadas e portais dixitais, e a organización dunha xornada técnica na súa sede de Sobradelo de Valdeorras, na que participarán un importante número de expertos.
Ao mesmo tempo, e continuando coa importante aposta por potenciar a súa política de RSC, que o Clúster leva desenrolando nos últimos anos, patrocinará a varios equipos deportivos das comarcas de Valdeorras e Quiroga, convocará premios para os estudiantes de bacharelato de súa área de influencia, apoiará a entidades sociais e culturais, patrocinará mostras e exposicións de fotografía e arquitectura, e convocará un premio para as mellores obras realizadas con lousa.
Para Comunicando Consultoría de Comunicación é un honor que un sector tan importante para a economía de Galicia, teña apostado por nós para desenrolar este plan de promoción, e para coordinar o seu departamento de Comunicación Corporativa e Marketing. Un proxecto que non poderíamos ter levado a cabo sen o apoio dalgúns dos nosos partners habituais como Atelier Gráfica Visual, Peymar Artes Gráficas y Atvisa.