Onte sábado, 29 de xuño, Comunicando organizou o acto de entrega de premios da XXV Cata dos Viños de Valdeorras, no Complexo Hostelero Paladium, en Vilamartín.
Coa colaboración de adegueiros e do persoal do Consello Regulador, podemos dicir que o evento foi un auténtico éxito, tendo en conta a afluencia de profesionais do sector (comezando polos adegueiros e os viticultores), ademáis de autoridades autonómicas, provinciais e locais que nos acompañaron; e polo grado de satisfacción de todos os asistentes, con cada un dos detalles do acto.
A nosa consultoría encargouse da organización da gala, desde o primeiro intre, responsabilizándose da secretaría técnica, a coordinación dos tempos, a atención aos invitados, a música,la elección do menú, a decoración, o diseño e a producción dos elementos visuais representativos da XXV Cata Oficial de Valdeorras; e da propia presentación do evento.
A continuación compartimos con vós tres enlaces das informacións que publicaron sobre o evento, un periódico xeneralista, La Voz de Galicia, un portal especializado, Vinetur, eun medio local, O Sil: