
Boteiro de Viana do Bolo
Tras meses e meses de traballo coordinando un proxecto conxunto dos concellos de Viana do Bolo, Manzaneda e Vilariño de Conso, que contou co inestimable apoio da Axencia Galega de Turismo, dende Comunicando sentímonos moi orgullosos de poder anunciar que a Secretaría de Estado de Turismo otorgou a declaración de Festa de Interese Turístico Nacional aos «Entroidos dooriente ourensán». Nun comunicado oficial, o Ministerio de Industria e Turismo destacou que os entroidos tradicionais destes tres municipios ourensáns «recibiron este importantísimo recoñecemento gracias ao seu carácter ancestral e aos valores culturais que transmiten. Aspectos diferenciais polos los que son una celebración de gran atractivo turístico para os seus visitantes».
Estamos falando dun proxecto único, xa que trátase da primeira vez que unha solicitude conxunta de máis dunha celebración consigue obter en España a declaración de «Festa de Interese Turístico Nacional. Unha vez resolta esta solicitude ao cumprirse todos os requisitos esixidos para esta declaración, a secretaria de estado de Turismo, Rosario Sánchez, valorou «a unión destes concellos para conseguir un recoñecemento conxunto para unhas festas propias que se relacionan entre si, e que se preservaron en maior e mellor medida que en moitos outros lugares».
Cando fai xa máis de 15 meses en Comunicando comezamos con este proxecto, sempre tivemos claro o gran potencial que ofrecían os entroidos tradicionais de estes 3 municipios. Cada un deles cos seus propios elementos diferenciadores, pero que tamén compartían unhas características comúns que nos animou a intentar o reto de lograr que por primeira vez o Estado español otorgase esta distinción a unha candidatura conxunta. Para elo, houbo que realizar unha completa memoria, na que se pusese en valor a importancia histórica, patrimonial, cultural e sociolóxica destas festas. Non como eventos independentes, se non coma tres celebracións que aproveitan os seus elementos comúns e únicos para ofrecer aos turistas unha ampla e diferencial oferta festiva, non só durante os días máis importantes do Entroido, se non tamén durante as semanas anteriores.

Mázcaras e folión de Manzaneda
Elementos en común
Un dos rasgos característicos máis importantes e coñecidos destas festas son as máscaras ou as personaxes identificativas que cada un destes entroidos teñen en común. En Manzaneda, a tradicional mázcara coa súa hipnótica danza, e a figura do Boteiro, en Vilariño de Conso e Viana do Bolo. Un protagonista similar o destes dous concellos, pero que se diferencia sobre todo polos adornos da máscara que cubre a cara de quen a viste. O outro elemento común máis importante destes tres eventos é a súa musicalidade. E é que en Viana, Manzaneda e Vilariño podemos escoitar o son dos seus folións, onde os bombos comparten protagonismo co toque metálico e vibrante de aixadas e gadañas. E non só nos días de Entroido é cando a música é protagonista. Dende que finalizan as festas de Nadal, en cada pobo xa se pode comenzar a sentir os ritmos dos folións ou fulións, que xa lles acompañará ata pasar o Mércores de cinxa. Ata que as lapas se leven por diante as figuras do «Compadre» e a «Comadre».
O Ministerio tamén sinalou que «é difícil precisar tanto os comezos coma os motivos polos que xurde o Entroido nestes tres municipios do Macizo Central ourensán. É unha celebración de gran atractivo turístico que conta con distintas iniciativas para garantizar a súa promoción, difusión e permanencia no tempo, coma por exemplo, o Festival Internacional Mascarada Ibérica ViBoMask, que se celebra en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Un evento cultural no que se congregan as máis espectaculares máscaras de Entroido, tanto de Galicia coma de outros lugares de España e doutros países europeos como Portugal, Francia ou Italia.
Con esta declaración, os «Entroidos do oriente ourensán» convértense nunha das doce únicas festas que obtiveron esta importante distinción.

Boteiro de Vilariño de Conso



