O director xeral de Turismo, Xosé Merelles, apoiando aos entroidos do oriente ourensán.

Era o ano 2019 cando os tres concellos ourensáns, Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso, embarcábanse na aventura de ser recoñecidos como Festa de Interese Turístico Nacional, acordando coordinarse para promocionarse de maneira conxunta. O lema escollido: A terra do fulión. Por diante, moito camiño por percorrer no que Comunicando estivo presente, colaborando durante moitos meses para desenvolver este proxecto.

Os alcaldes, Amable Fernández (Manzaneda), Andrés Montesinos (Viana) e Melisa Macía (Vilariño), participaron fai uns días nun acto conxunto que quixo representar a súa unión, no que estivo presente ademais, o director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Merelles que comprometeu o apoio da Xunta para levar a cabo os trámites para acadar a declaración.

Trátase do seguinte paso trala declaración de Festa de Interese Galego, distintivo do que goza Viana do Bolo desde 1999, Manzaneda desde 2008 e Vilariño de Conso desde 2016.

A prensa galega e española fíxose eco desta boa nova:

La Voz de Galicia

Xornal O Sil

Clúster Turismo de Galicia

El Español