
A iniciativa, que pretende recoller as necesidades de vivenda no municipio, é pioneira en Galicia
O Plan Municipal de Vivenda e Chan 2024 – 2029 do Concello do Bolo foi presentado esta mañá nas instalacións do Castelo, polos propios técnicos que o elaboraron, o equipo de arquitectos do estudio Luis Álvarez Arquitectura, Luis Álvarez, Rosario León e Silvia Arias, acompañados polo Subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, o alcalde, Alberto Vázquez, e a concelleira Mayra Martínez.
A presentación do Plan, foi a consecuencia “dun dos retos marcados polo grupo de goberno” que o ano pasado presentou ao Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico “un proxecto co obxectivo de poñer as bases sobre a vivenda no Concello”. Así o explicou o rexidor, Alberto Vázquez, que adiantou que “con este plan, iremos chamando as portas da Administración para explicar os problemas de vivenda que ten este Concello”.
O documento en cuestión é unha iniciativa pioneira na comunidade galega. Tal e como afirmou o arquitecto, Luis Álvarez, trátase dunha “cousa tan novedosa, como que en Galicia é un dos primeiros planes que se fan deste tipo”. Con él, o Concello quixo “recoller as necesidades de vivenda”, analizando “o estado das vivendas actuáis”, e así “fixar uns obxectivos e estratexias para crear unhas liñas de traballo que se deberán aplicar nos vindeiros cinco anos, para conseguir estes obxectivos”.
Pola súa banda, o Subdelegado do Goberno, Eladio Santos, subliñou que o plan “é moi interesante porque ataca un problema real que non é solo de recuperar poboación senón de garantir este dereito á vivenda”. Para Santos, a importancia do traballo feito neste Plan de Vivenda reside en que “desta forma, o Concello do Bolo estará posicionado estratéxicamente para cando saian as liñas de axuda de vivenda tanto da Administración central como da Administración autonómica”. Rematou a súa intervención felicitando ao Concello por “crear dinámicas para a xente quede aquí”.
A creación do Plan de Vivenda
O Plan Municipal de Vivenda e Chan redáctase polo Concello de O Bolo como una das actuacións recollidas dentro do programa “Desarrolla O Bolo”, acordado no pleno municipal. Para o desenrolo de dito programa, o Concello contratou ó arquitecto Luis Álvarez González, colexiado nº 4.869 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, que o leva a cabo entre os meses de agosto e novembro, e que o entrega ao Concello o día 31 de outubro de 2024 para a súa exposición pública.
O obxecto do Plan é articular as medidas necesarias para atender as necesidades de vivenda do municipio, unha vez identificadas e cuantificadas, para o que se proxectan, orzan e programan as actuacións correspondentes axustadas a uns prazos establecidos e xustificados.
En ausencia de normativa autonómica para a O Plan Municipal de Vivenda e Chan na comunidade autónoma de Galicia, o plan redáctase seguindo e regulación feita para este instrumento na comunidade autónoma de Andalucia, por teren xa aprobada a Lei 1/2010, do 8 de marzo, Reguladora do Dereito á Vivenda en Andalucía, que describe o Plan como un “instrumento para a definición e desenvolvemento da política de vivenda do Municipio”. O artigo 13 desta Lei regula o contido mínimo dos Plans.
En canto a súa estructura se refire, o Plan Municipal de Vivenda abórdase desde unha tripla perspectiva:
- Analítica: información e diagnóstico da problemática municipal en materia de vivenda e chan.
- Estratéxica: establecemento dos obxectivos e estratexias nestas materias.
- Programática. Definición e programación das actuacións do concello a medio prazo (5 anos) incluíndo: financiamento, seguimento e avaliación do plan.
En todas as fases do plan, o contido do mesmo está sometido á participación cidadá, apoiada nun plan de Comunicación e Participación. A formulación de propostas abórdase contando previamente coa información directa e a participación da cidadanía.
Apoio do MITECO
O Plan de Vivenda englóbase dentro dun proxecto máis amplio, a través do cal tamén se está desenvolvendo neste ano un “Plan de Marketing e Promoción Turística do Concello do Bolo”. Para o deseño e e desenvolvemento deste proxecto contouse co apoio e coa financiación do Ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico (a través da Secretaría Xeral para o Reto Demográfico), no marco das subvencións concedidas a proxectos promovidos por entidades locais para a innovación territorial e a reactivación da actividade socioeconómica; e a loita contra a despoboación.



