Máis de 200 invitados asistiron á gala do I Premio Pioneiros da Pizarra, celebrada no Complejo Hostelero Paladium en Vilamartín de Valdeorras. Un galardón que, como destacou o presidente do Cluster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo, “creouse para lograr que perdure na memoria das xeracións presentes, e das vindeiras, todas as persoas que iniciaron a súa actividade con medios moi rudimentarios, pero que conseguiron facer deste sector un dos principais motores económicos de Galicia”.
Para Comunicando Consultoría de Comunicación foi un honor organizar un evento no que se homenaxeou a 91 empresarios e a 19 colocadores, que foron recoñecidos, con todo o merecemento, como os Pioneiros da Pizarra. Sen o seu esforzo, Galicia non sería actualmente a líder mundial na produción e comercialización de lousa natural.
Tralo emotivo recoñecemento aos precursores, o protagonismo recaeu nos alcaldes dos 11 concellos produtores, que recolleron os espectaculares galardóns deseñados en pizarra e madeira polo artista Alexandre Álvarez.