
Brindis do presidente e director técnico da D.O. Valdeorras cos protagonistas da mesa redonda e da cata maridada.
En Comunicando estamos moi orgullosos do éxito colleitado polo Consello Regulador da D.O. Valdeorras no último evento celebrado no Liceo de Ourense, onde anunciouse que será a primeira e única en converterse en partner da Wine and Spirit Education Trust, WSET, a entidade formativa máis prestixiosa no ámbito do viño. O obxectivo que busca o ente valdeorrés con esta alianza, é conectar á comarca co coñecemento e permitir que os profesionais do sector descubran o que fai única a esta rexión vinícola.
O anuncio, realizado polo seu presidente, Marcos Prada Ginzo, fíxose coincidir cun momento especial para Valdeorras, cuxa D.O. celebra o 80 aniversario da súa creación.
A acción comunicativa foi un proceso longo de creación e organización no que Comunicando estivo presente de principio a fin, dando apoio á súa execución. O evento de presentación e anuncio aos medios de comunicación, que constou dunha parte máis institucional e outra máis distendida a través dunha cata con degustación de catro pinchos elaborados polo restaurante Nova de Ourense, tivo un resultado brillante que esperamos contribúa a promocionar a súa imaxe de marca internacionalmente. Un fin ao que seguro que axudará contar con poñentes e colaboradores de excepción como Michelle Brampton, CEO da WSET; David Martín, responsable da WSET para Europa, Oriente Medio e África; Shua Ibáñez, sumiller do Restaurante Arzak; María Federica Salvador, sumiller do Restaurante A Tafona; Julio Sotomayor, chef e copropietario do Restaurante Nova; o xornalista enogastronómico Enrique Calduch, ademais de Jorge Mazaira, Director Técnico da D.O. Valdeorras.

Jorge Isla, director de Comunicando, presentando o acto no Liceo de Ourense.



