Comunicando Consultoría de Comunicación presentou hoxe na capital ourensana, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a campaña «Revisa os medicamentos da casa», unha iniciativa promovida en conxunto, polos colexios de Farmacéuticos, Médicos e de Enfermería de Ourense. A iniciativa púxose en marcha cun doble propósito: informar e sensibilizar aos profesionais da sanidade sobre a importancia de asesorar aos seus pacientes na xestión adecuada dos botiquines domésticos e animar á cidadanía a non acumular na casa medicamentos caducados ou non utilizados, e guialos na súa correcta xestión medioambiental.
A cidadanía de Ourense disporá nas farmacias, centros de saúde e consultas médicas e de enfermería, tanto públicas como privadas, da información necesaria sobre os residuos que deben e non deben depositarse nos Puntos SIGRE, a través de pósteres, folletos e vídeos informativos.
Na campaña, para a que se pide a implicación dos profesionais da saúde e tamén o compromiso da cidadanía, colaboran a Consellería de Sanidade, a xerencia da Área Sanitaria de Ourense e SIGRE.