O novo número da revista trimestral Axenda Agraria xa está dispoñible para a súa lectura online e  impresa. A publicación oficial da Asociación Agraria de Galicia, ASAGA, foi deseñada, maquetada e producida pola consultoría de comunicación Comunicando.

Entre outros interesantes temas, neste número poderedes ler unha análise sobre a nova PAC, unha entrevista coa conselleira do Medio Rural, María José Gómez, ou toda a información sobre os cursos de ”Manipulador de produtos fitosanitarios” que ASAGA impartirá nas catro provincias galegas.

Se queredes ver a versión on-line da revista ou descargala en pdf, podedes facelo a través do seguinte enlace:

https://revista.asaga.gal