O Xeodestino Trevinca – Valdeorras, formado polos concellos de A Veiga, Larouco, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras, A Rúa e Carballeda de Valdeorras, presentou esta tarde, no stand de Galicia en FITUR, a Feira Internacional de Turismo que se celebra anualmente en Madrid, a súa proposta turística «Terras que Saben», e entre as iniciativas, deu a coñecer a Guía do Xeodestino Trevinca – Valdeorras, en colaboración co Inorde e a Deputación de Ourense, e que foi editada por Comunicando Consultoría de Comunicación.

Pola súa banda, a Deputación colabora na execución do Plan de Sostibilidade Turística de Valdeorras, “Ruta Milenaria”, e o Inorde é ente xestor do Xeodestino que abarca este mesmo territorio, “polo que se trata dun exemplo de cooperación entre administracións para traballar no desenrolo turístico dunha enocomarca que alberga hoxe unha das variedades de uva máis apreciadas no mundo: a Godello». Así o explicou na presentación o presidente do ente ourensán, Rosendo Fernández.

Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia.

É para nós unha honra poder presentar este traballo nun lugar como FITUR, unha das feiras de turismo máis importantes do mundo e que este 2025 chega a súa 45ª edición. Estamos moi agradecidos pola confianza depositada no noso criterio para sacar adiante este documento que contén os lugares máis destacados dunha terra en cuxo potencial turístico cremos e así o quixemos poñer en valor.

Aquí vos deixamos a portada da Guía do Xeodestino para que podades identificala:

E tamén a páxina na que se fala do concepto de «xeodestino»: