Comunicando Consultoría de Comunicación colaborou esta semana co Inorde e a Deputación de Ourense na organización do acto de entrega dos diplomas e placas de «Compromiso de Calidade Turística», celebrado no Castelo Medieval do Concello de O Bolo.

Dez servizos turísticos do Xeodestino Trevinca Valdeorras foron os galardonados pola Mesa da Calidade do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED).

Participaron no acto o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; a xerente do Inorde, Emma González; o alcalde do municipio, Alberto Vázquez e o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles.

Con esta primeira entrega de placas e diplomas aos servizos turísticos galardonados, pioneiros na comarca, o Destino Trevinca-Valdeorras forma parte, a partires da celebración deste acto, do Sistema Integral de Calidade Turística implantado en toda España, acadado co apoio da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación, a través do Inorde, ente xestor deste xeodestino.