O concello de Coristanco celebra esta fin de semana a 43ª edición da súa emblemática Festa da Pataca, unha cita que une gastronomía, música, tradición e moita diversión. Trala inauguración oficial, que tivo lugar ás 13.00 horas de hoxe sábado día 20 de setembro, a festa continuará o seu curso ata a madrugada, para pasar mañá ao momento máis esperado, o do desfile de Tractores Engalanados, ao que seguirá a entrega do premio Pataca de Ouro, o pregón e un gran xantar popular.

Estamos moi contentos e agradecidos ao concello de Coristanco por ter confiado en nós para levar a cabo o deseño de creatividades e pola oportunidade de colaborar na organización dunha das festas máis importantes da comarca de Bergantiños.

Algunhas das novas recollidas en prensa:

La Voz de Galicia: Una patata de raíz, tradición y memoria que le ganó el pulso a la lluvia; Coristanco honra su patata: sabor, territorio y comunidad

El Ideal Gallego: Una impresionante Torre de Hércules de patatas roza el gran premio en Coristanco

Diario de Bergantiños: El poder de atracción de la Festa da Pataca se impone a la lluvia

El Progreso de Lugo: Festa da Pataca 2025 en Coristanco: programa, horarios y conciertos

 

Cartel da edición 43ª da Festa da Pataca de Coristanco.