De esquerda a dereita: Xosé Merelles, Aurelio Blanco y Julio Pérez.

A Xunta de Galicia e o Instituto Estudios Valdeorreses anunciaron onte pola tarde, un acordo de colaboración en pro da promoción da cultura vitivinícola da comarca e do enoturismo. Foi durante a visita que o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, fixo a Valdeorras, para participar nun acto de presentación de diversas iniciativas, entre as que se inclúe a recuperación do Concurso de Fotografía Manuel Blanco Pascual, na súa duodécima edición.
En Comunicando Consultoría de Comunicación non podemos estar máis orgullosos de que esta sinerxia se poda levar a cabo, prestando o noso apoio profesional ás diferentes partes para que poidan chegar a acordos, e proporcionando a cobertura comunicativa e promocional necesaria para que as diferentes propostas saian adiante.