Máis de 3.500 personas visitaron a XXVI Feira do Viño de Valdeorras, celebrada na Praza de Viloira, no Barco, durante o sábado 31 de maio e o domingo día 1 de xuño, un éxito de participación que permite realizar un balance “moi positivo” para a Denominación de Orixe Valdeorras, entidade para quen esta feira é o maior evento do ano.

Este aumento de participación deixouse notar na rapidez coa que se cubriron as prazas das catas,  (40 en total) e do showcooking (20 prazas), cun público fiel que en moitos casos repite a experiencia ano tras ano.

Para Comunicando é un orgullo formar parte deste éxito, e agradecemos ao Consello Regulador, que un ano máis confiara en nós para xestionar a promoción e a comunicación deste evento tan importante. Desde a xestión da gráfica do cartel gañador, a súa transformación en imaxe da feira desta edición e confeción e colocación de cartelería, ata a organización e coordinación de actividades, presentación da inauguración, protocolo de autoridades, e relación cos medios de comunicación.