Comunicando sacou á rúa un novo número da revista trimestral Axenda Agraria, da Asociación Agraria de Galicia, ASAGA. Unha vez máis, a axencia diseñou, maquetou e produxo a revista en formato papel e online, pero nesta ocasión, ao traballo de sempre engadiuse a confección e implementación dun importante restyling ou cambio de imaxe.
Hoxe en día, a información visual convertiuse nun pilar fundamental para a comunicación efectiva, polo que o deseño da revista xoga un papel crucial na maneira en que os contidos chegan aos lectores. Así pois, sen perder a perspectiva, do público ao que nos diriximos, pero co obxectivo de reforzar a identidade visual e mellorar a experiencia de lectura, confeccionamos un cambio de imaxe inspirado nos principios do deseño sobrio, minimalista e elegante.
Un novo deseño ao servizo do contido
Este novo enfoque busca destacar a esencia dos temas agrarios cunha presentación máis ordenada e armoniosa. Trátase dun deseño que respira modernidade sen perder a calidez, que non so informa, senon que tamén inspira.
Con esta renovación visual, aspiramos a que cada páxina sexa un reflexo do equilibrio entre tradición e innovación, capturando a riqueza dos sectores da nosa revista nun formato que é tan funcional como estético. O espectador, seguirá atopando reportaxes, entrevistas e crónicas de actualidade agropecuaria galega, nun deseño minimalista que simplifica a lectura e permite que o contido sexa o verdadeiro protagonista.
No seguinte enlace podes ver o último número e anteriores, da publicación oficial de ASAGA: Revista Axenda Agraria