Un ano máis, e nesta ocasión desafiando un calor de máis de 41 grados, centos de persoas disfrutaron en Verín da XVII Feira do Viño de Monterrei, os días 9, 10 e 11 de agosto. O Consello Regulador da D.O. Monterrei confiou no noso equipo, para desenvolver a montaxe do recinto feiral, ademáis de para presentar o acto de inauguración e entrega das Medallas aos novos confrades da Confraría Viños de Monterrei.
Centos de persoas disfrutaron de tres días de bo viño e boa compaña, paseando polo circuito da Alameda verinesa, percorrendo os postos das 18 adegas participantes, así como os de gastronomía. Un escenario que se amosa como o emplazamento perfecto para a celebración deste evento multitudinario.
Na organización da feira, Comunicando Consultoría de Comunicación contou coa axuda e implicación dos profesionais de Studio Atlántico e Pichín Eventos sen os que tería sido imposible desenvolver este proxecto con éxito.
Esta foi, a modo de exemplo, parte da repercusión en medios de comunicación: